AVISO LEGAL

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE), o titular do dominio prazadeabastosredondela.com é:

Nome fiscal: Asociación Alvedosa
CIF: G36287902
Enderezo: Ernestina Otero, s/n (Praza de Abastos) • 36800 Redondela (Pontevedra)
Correo electrónico: apraza.redondela@gmail.com

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

INFORMACIÓN AO USUARIO

Asociación Alvedosa, como responsable do tratamento, informa que, segundo o disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RXPD), e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD), trataremos os teus datos tal e como se recolle nesta política de privacidade.

CONTACTO

Nome fiscal: Asociación Alvedosa
CIF: G36287902
Enderezo: Ernestina Otero, s/n (Praza de Abastos) • 36800 Redondela (Pontevedra)
Correo electrónico: apraza.redondela@gmail.com

PRINCIPIOS

Sempre estivemos comprometidos en prestar os nosos servizos co máis alto grao de calidade, o que inclúe tratar os teus datos con seguridade e transparencia. Os nosos principios son:

  • Legalidade: Só recompilaremos datos persoais con fins específicos, explícitos e lexítimos.
  • Minimización de datos: Limitamos a recollida de datos persoais ao estritamente relevante e necesario para os fins para os que se recollen.
  • Limitación da finalidade: Só recolleremos datos persoais para os fins declarados e unicamente segundo a túa vontade.
  • Precisión: Manteremos os datos persoais exactos e actualizados.
  • Seguridade dos datos: Aplicamos medidas técnicas e organizativas adecuadas e proporcionais aos riscos para garantir que os teus datos non sufran danos, tales como divulgación ou acceso non autorizado, destrución accidental ou ilícita, perda ou alteración accidental e calquera outra forma de tratamento ilícito.
  • Acceso e rectificación: Poñemos á túa disposición medios para acceder ou rectificar os teus datos cando o consideres oportuno.
  • Conservación: Conservamos os teus datos persoais de maneira legal e adecuada, e só durante o tempo necesario para os fins para os que se recolleron.
  • Terceiros: Nunca cederemos os teus datos persoais a terceiras empresas ou terceiros.

RECOLLIDA E TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

Os tipos de datos que se poden solicitar e tratar son datos de carácter identificativo. Sempre que che solicitemos datos persoais, informarémoste con claridade de cales recollermos e con que finalidade.

En xeral, recollemos e tratamos datos persoais co obxectivo de proporcionar información, servizos, produtos, información relevante e novidades da nosa entidade.

Tamén podemos recoller automaticamente datos sobre a túa visita ao noso sitio web segundo se describe na política de cookies, sección que podes consultar na ligazón correspondente ao pé de páxina.

LEXITIMIDADE

De acordo coa normativa de protección de datos aplicable, os teus datos persoais poderán ser tratados sempre que nos deas o teu consentimento. Por suposto, poderás retiralo en calquera momento.

COMUNICACIÓN DE DATOS PERSOAIS

A entidade non realizará ningunha cesión a terceiros, salvo por obriga legal.

OS TEUS DEREITOS

En relación coa recollida e tratamento dos teus datos persoais, podes poñerte en contacto connosco en calquera momento para:

  • Acceder aos teus datos persoais e a calquera outra información indicada no artigo 15.1 do RXPD.
  • Rectificar os teus datos persoais que sexan inexactos ou estean incompletos, de acordo co artigo 16 do RXPD.
  • Suprimir os teus datos persoais segundo o artigo 17 do RXPD.
  • Limitar o tratamento dos teus datos persoais segundo o artigo 18 do RXPD.
  • Solicitar a portabilidade dos teus datos segundo o artigo 20 do RXPD.
  • Opoñerte ao tratamento dos teus datos persoais segundo o artigo 21 do RXPD.

Se outorgaches o teu consentimento para unha finalidade concreta, tes dereito a retiralo en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Podes exercer estes dereitos enviando unha comunicación motivada e acreditada a apraza.redondela@gmail.com

Tamén tes dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente se consideras que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

INFORMACIÓN LEGAL

Os requisitos desta política complementan, e non substitúen, calquera outro requisito existente baixo a lexislación aplicable en materia de protección de datos, que será a que prevaleza en calquera caso.

Esta política está suxeita a revisións periódicas, e a entidade poderá modificala en calquera momento. Cando isto ocorra, informarémoste de calquera cambio e pedirémosche que volvas ler a versión máis recente da nosa política e confirmes a túa aceptación.