CAMPAÑA FESTA PRIMAVEIRA

Categorías: Campañas

A Praza de Abastos convértese nun espazo cheo de cor, premios, sorteos, xogos e tradición para celebrar a I Festa de Primaveira, unha homenaxe á historia dos mercados de Redondela e ao papel esencial que teñen no noso día a día. Un evento único para gozar en familia, apoiar o comercio local e descubrir a esencia da nosa vila.

Un programa pensado para todas as idades, combinando promocións, xogos e diversión:

  • Premios e agasallos especiais para o público asistente
  • Concursos e sorteos ao longo da mañá
  • Promocións exclusivas nos postos da Praza
  • Ambientación musical e ambiente festivo
  • Degustacións de produtos locais
  • Xogos infantís para que as crianzas tamén celebren a primavera

 

 

Descobre a exposción A HISTORIA DOS MERCADOS na que poderás realizar  un percorrido pola evolución dos mercados de abastos de Redondela: a súa arquitectura, o seu papel social e económico. Unha oportunidade para redescubrir o noso patrimonio e poñer en valor o comercio de proximidade a través dos mercados de Abastos.

 

Participa nos xogos e gaña fantásticos premios. Do 20 ao 30 de maio consegue a túa tarxeta de cliente e acumula selos polas túas compras.

Participa neste divertido xogo de azar cheo de emoción no que poderás conseguir numerosos agasallos, recordos promocionais e moitas sorpresas dos produtos máis frescos e auténticos da Praza de Abastos.

Cada volta é unha oportunidade para levar un recordo único da praza… e para celebrar o valor do noso comercio local dun xeito lúdico e participativo.

Completa a túa tarxeta de cliente, cantos máis selos teñas máis tiradas e achégate á ruleta e… que a sorte te acompañe!

HORARIO DA RULETA: a ruleta estará aberta por intervalos de media hora dende ás 11:00 da maña.

venres 29 de 11:00h-11:30h e de 12:00h-12:30h

sábado 30 de 12:00-12:30 e de 13:00 a 13:30h

A Festa de Primavera tamén é un espazo pensado para os máis pequenos da casa. Durante a xornada do sábado 30, a Praza de Abastos converterase nun lugar cheo de creatividade e divertidos xogos e descubrimentos.

Os nenos e nenas poderán participar en xogos tradicionais, vivir unha emocionante gincana para descubrir o mercado —que se poderá facer de forma individual ou en equipo— e gozar dun taller creativo de delantais, onde personalizarán a súa propia peza para levar de recordo.

Un programa deseñado para que a infancia explore, aprenda e se divirta mentres coñece a praza e os seus produtos dun xeito lúdico e participativo.