Florería Girasol

POSTO 1
CONTACTO: 678 850 843
Servizo de arranxos florais para vodas, comuñóns, actos mortuorios e todo tipo de eventos especiais. Contamos cunha ampla variedade de flores, plantas, árbores, centros florais, ramos, coroas e moito máis.
Na nosa tenda atoparás flores e plantas de tempada, opcións de interior e unha gran selección de composicións florais adaptadas a cada ocasión. Ademais, ofrecemos servizos de decoración personalizados para eventos, garantindo elegancia e coidado en cada detalle.
Dispoñemos de servizo a domicilio para facilitar as túas compras e entregas.

